
Hoxe non vos vou falar da lingua. Nin de ningún pobo lonxano. Vouvos falar do que sodes cada un de vós que podedes ler isto: Galegos. No exilio no que vivo dinme conta de que os galegos temos unha forma de ser moi marcada e peculiar. É máis, moitos dos que cren entender aos galegos hoxe en día seguen sen entendelo.
O Galego é aquel que vive no medio da escaleira (como reza o ancestral dito). O galego é un ser difícil de coller, esquivo e ás veces até bohemio e soñador. Aqueles que se criaron entre as vendimas e a sementeira ben saben que xogan ó despiste, que todo ten doble sentido.
Retranca, chámanlle por eses mundos. E seguro que esta definición do carácter dos galegos foi proposta por algún "agudo" dalgún pobo da nosa terra...
Pois sí, hai cousas que os galegos teñen que os de fora nunca poderán comprender. E podo exemplificalo.
Seguramente, calquera rexión europea, diante dunha continua opresión política onde as furgonetas dos líderes municipales dos partidos van cheas os días de eleccións e onde hai desgracias naturais periódicamente reaccionaría diferente. O galego é o típico que di saber o que fai, pero que, no fondo, é boa persoa e déixase levar. E con esa retranca que o caracteriza, sábese engañado pero non con FORZA pra cambia-las cousas...
E esa forza dos galegos xurde tamén periódicamente. Tiveron que pasar moitos anos pra que Castelao recollera o testigo de Rosalía...A actual sociedade galega ten que fortalecerse e volver aos orixes. Aqueles orixes que agora teñen que inspirar a chegada dalguén forte que nos devolve ao noso lugar.
O habitante da escaleira e dono da retranca segue á ser diferente... Os galegos somos NÓS. E, dende a lonxanía e dende o recordo, certifico que NÓS, debemos comezar a deixar de dicir que chove... Cando en realidade están á mexar por nós...
Silvio Falcón, 22 de Setembro de 2006, Galiza, por sempre, Galiza.
3 comentarios:
IMPACTANTE PERO CERTO.
MIÑAS FELICITACIÓNS
Pareceme un artigo excelente. Coido que con artigos coma este sobran os comentarios
EFECTIVAMENTE, articulo esplendido e nada atacante: meramente real.
Propoñovos una visitiña a www.bocaenboca.blogspot.com
Publicar un comentario